O alcalde eloxia as obras de accesibilidade realizadas nas proximidades do Mercado de Teis

luns, 27 xuñ 2022

Abel Caballero achegouse esta mañá a Teis para comprobar as obras de accesibilidade acometidas nas proximidades do Mercado, uns traballos “extraordinariamente convenientes” nesta zona. Concretamente, soterrouse o transformador para garantir o subministro ao barrio e dotouse o espazo de ramplas e escaleiras para garantir a accesibilidade universal á zona. A actuación incluíu a humanización de todo o contorno.

O Concello inicia unha nova fase da humanización de Martínez Garrido

luns, 20 xuñ 2022

A administración presidida por Abel Caballero adica un millón de euros á obra, uns traballos que se prolongarán por un prazo estimado de sete meses. Ademais, o alcalde anunciou o comezo “dentro duns poucos días” da última fase da remodelación da rúa Aragón e da construción do novo parque de Bombeiros de Esturáns o do centro municipal de servizos sociais da Praza da Princesa.