O goberno municipal prepara un plan de tráfico para o asfaltado de varios viais
O alcalde informou do bo funcionamento dos plans de tráfico nas recentes actuacións nas rúas Barcelona e Zaragoza. Poranse en marcha novos plans para o asfaltado da Avenida Atlántida que comeza este mércores. Onte a noite asfaltouse o tramo baixo da Gran Vía.
Abel Caballero deu conta das actuacións de asfaltado que requiren plan de tráfico para afectar o menos posible aos usuarios de vehículos. Este mércores arranca a pavimentación da Avenida Atlántida, cun plan de tráfico singular. “Estamos nun proceso de asfaltados aproveitando o bo tempo”, informou o rexedor. A semana pasada houbo actuacións de mellora do firme nas rúas Zaragoza e Barcelona, tamén esta semana na parte baixa da Gran Vía.
A Avenida Atlántida súmanse tamén as rúas Cesáreo González e O Carmen. O 10 de abril comeza o asfaltado de Joaquín Loriga e a rúa Pontevedra, a cal non pode ser humanizada por motivos arqueolóxicos, lembrou o alcalde, pero si pavimentada.
Caballero tamén deu conta do avance da construción de beirarrúas en Tomás Alonso, desde praza da Industria ata Esturáns, e informou que o 17 comeza a renovación de todo o firme por fases, polo que haberá un plan de tráfico singular na zona. Neste mes tamén comezarán os asfaltados en Fragoso, Porriño e Padre Seixas. “Informaremos das actuacións e o estado do tráfico”, concluíu.