Escoitar

O alcalde informa de cambios no tráfico polo asfaltado de varias rúas

A rúa Pontevedra recupera hoxe xoves a normalidade circulatoria tras quedar rematada a súa rexeneración, ao igual que Joaquín Loriga onde soamente quedan pendentes os remates.

xoves, 13 abr 2023
Imaxe de arquivo do alcalde na visita aos traballos de humanización da Avenida de Europa
Imaxe de arquivo do alcalde na visita aos traballos de humanización da Avenida de Europa

Abel Caballero advertiu este xoves en rolda de prensa dos cambios no tráfico que poden implicar as obras de asfaltado e de humanización que se están desenvolvendo na cidade.

A rúa Pontevedra retoma o tráfico normal ao quedar rematado o asfaltado, pendente de pequenas actuacións para finalizar a rexeneración, igual que acontece en Joaquín Loriga que xa está en condicións de utilización.

A próxima semana haberá restricións circulatorias en Tomás Alonso, no tramo entre Praza da Industria e Bouzas, polos traballos de asfaltado e cómpre prestar atención tamén ás rúas Nigrán, Cervantes, Cesáreo González e El Carmen. O goberno municipal traballa tamén nun plan de tráfico para Avenida do Fragoso que será rexenerada e precisa de modificacións mentres se prolonguen os traballos. O mesmo acontecerá ao longo do mes de abril en Avenida Atlántida, Porriño e Padre Seixas.

En procedemento administrativo de licitación están as seguintes rúas para acometerse a súa rexeneración: Coruña, Marqués de Valladares, Torrecedeira, Parada (Matamá), Camiño Pinal (Saiáns), Camiño Corredoura (Castrelos), Camiño Cruceiro (Castrelos), Camiño Pinguela (Valadares), Camiño Galindra (Castrelos), Penís (Cabral), Párroco Don Serafín (Teis), Cantabria (Teis), Fonte Escura (Lavadores), Camiño Sabaxáns (Lavadores), Camiño Sampaio de Abaixo (Sampaio), Rúa Parrocha (Bembrive), Camiño Bicada (Candeán), Vista do Mar (San Xoán), Camiño Pousa (Castrelos), Camiño Couto (Beade), Camiño Rioboo (Salgueira), Baixada Salgueira (Salgueira), Fuchiños (Oia), Estrada José Rivas (Coruxo), Camiño Caringosta (Alcabre), San Paio (Navia) e Camiño San Xurxo (Saiáns). Un total de 47.

Ademais, o rexedor avanzou que proximamente haberá “limitacións, cortes e cambios” no tráfico das seguintes rúas que se atopan no procedemento de inicio da licitación: Zamora, Doutor Cadaval, Doutor Carracido, Avenida Citroen, Rosalía e República Arxentina.

Pasos resaltados

O goberno municipal informa tamén das bras que se están acometendo para instalar 33 lomos de asno en diferentes vías da cidade e que implican restricións circulatorias: rúa Caeiro (Cabral), Avenida Rúa Amaro (Cabral), Cesáreo Vázquez (San Miguel de Oia), rúa do Seixo (Beade), Severino Cobas (Lavadores), Figueiras con Caeiros (Cabral), Estrada de Casás (San Andrés de Comesaña), Estrada de Casás (San Andrés de Comesaña), San Xoan (antes e despois do colexio en Lavadores), Rúa Carrasqueira (colexio), Rúa Simancas (Bouzas), Rúa Fontiñas (Cabral), Rúa Matamá Pazo (San Andrés de Comesaña), Camiño dos Pelaios (Navia), Mestres Goldar (Castrelos), Goleta (Candeán), Carballal (Cabral), Macal (Beade), Carretera Regueira , Rúa Lalín (Coia), San Amaro (Entorno Plaza España), Parachán (Lavadores), Becerreira (Cabral), Camiño Concello (Beade), Avenida Santa Mariña (Cabral), Aguia con Becacina (Calvario), Canteiros (Castrelos), Avenida Marina Española con Rúa Ríos (Teis), Camiño da Falcoa (Castrelos), Rúa Irmáns Misioneiros Pobres (Teis), Rúa Olimpia Valencia (San Miguel de Oia).

Descargar todas as imaxes