Rematadas as obras da Praza do Bicentenario
O alcalde informou que ao longo da mañá se puxo en funcionamento a fonte da Praza logo dos traballos de mantemento. O Concello comeza a humanización da rúa A Guarda coa renovación da bancada e o saneamento e abastecemento.
A Praza do Bicentenario retoma a normalidade na circulación do tráfico logo de ter finalizadas as obras na fonte. Segundo informou o rexedor, xa está en funcionamento logo duns traballos de mantemento para a súa restauración e mellora. Segundo explicou, tamén axustouse a impermeabilización e mellorouse a electromecánica.
Tamén Abel Caballero deu conta do comezo da humanización da rúa A Guarda coa renovación da bancada da pista de baloncesto, “que está moi deteriorada”, manifestou. A esta actuación súmase a renovación das redes de saneamento e abastecemento na zona.