Escoitar

O proxecto municipal Vigo 3D recibe o Premio Socinfo Digital "GALICIA TIC"

O portal web de Vigo 3D vén de recibir un recoñecemento dentro da categoría Xestión do Cambio nas AAPP como plataforma de comunicación cidadá. Os premios son adxudicados por Socinfo Dixital “Galicia TIC”. Este proxecto está cofinanciado cos fondos FEDER da Unión Europea.

venres, 14 abr 2023

O alcalde deu conta esta mañá da concesión dun recoñecemento dentro dos Premios Socinfo Dixital “GALICIA TIC” organizados por la Revista Sociedade da Información Dixital. O Concello foi recoñecido dentro da categoría Xestión do cambio na AAPP co Proxecto Vigo en 3 dimensións. Trátase dunha novidosa e innovadora plataforma de comunicación á cidadanía dentro do proxecto de smart city municipal e do proxecto DUSI “Vigo Vertical”, que está cofinanciada cos fondos FEDER da Unión Europea. Neste novo portal, cidadanía, empresas e entidades de innovación poden acceder e visualizar proxectos de cidade, reconstrucións 3D para obter información en tres dimensións interactiva dos servizos municipais. Outra das funcionalidades deste servizo é servir como laboratorio urbano sobre o que é posible realizar análises avanzados e simulacións sobre o territorio e amosar os resultados.

Socinfo Dixital é unha empresa independente promotora de seminarios vencellados ás tecnoloxías e comunicacións na administración pública.

Descargar todas as imaxes