Escoitar

A Xunta de Goberno aproba a humanización de Calexón Balado

O alcalde deu conta da adxudicación da contratación das obras de humanización na contorna de Calexón Balado cun importe de 306.292 euros. Tamén se prorrogou o contrato de servizos para a xestión das Escolas Municipais Infantís de Tomás Alonso e Bouzas.

mércores, 5 abr 2023

Abel Caballero informou dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local este mércores entre os que destacou a adxudicación das obras para a mellora da contorna de Calexón Balado. Trátase dun viario peonil entre Rosalía de Castro e o Areal e que ten un orzamento de 306.292 euros.

Entre as actuacións destacan a retirada do mobiliario existente para a posterior demolición das beirarrúas e dos pavimentos actuais. Renovarase a rede de saneamento e abastecemento, así como os colectores de fecais e pluviais. O proxecto inclúe a humanización con novas luminarias e mobiliario urbano, xardinería, elementos decorativos e sinalización. “Nova urbanización e punto de encontro cidadá”, dixo o rexedor.

A Xunta de Goberno tamén prorrogou o contrato de servizos para a xestión das Escolas Infantís Municipais de Tomás Alonso e Bouzas cun importe de 495.921 euros. “Gratuidade total, incluído comedor, pagado na súa totalidade polo Concello de Vigo”, informou o rexedor.

Descargar todas as imaxes