venres, 20 set 2013
Abel Caballero, xunto ao subdelegado do Goberno na provincia, Antonio Coello, presidiu este venres a Xunta Local de Seguridade, que se celebra anualmente coa participación do Concello, a Subdelegación e as policías Local, Autonómica e Nacional. Caballero e Coello salientaron que "podemos seguir decindo que Vigo é unha cidade segura".
venres, 13 set 2013
A Xunta de Goberno deste venres, en sesión ordinaria, tomou esta decisión. A reforma, que podería estar rematada a finais do próximo ano, deixará unhas "instalacións modernas e adaptadas ás necesidades"; en verbas de Abel Caballero, "prácticamente un parque novo".
venres, 6 set 2013
O alcalde de Vigo visitou este venres o camión que a compañía ten instalado na Porta do Sol, un centro móbil onde realizan nove actividades formativas sobre rescates a persoas en ascensores a 135 efectivos da Policía Local, Bombeiros e Protección Civil.
luns, 26 ago 2013
O alcalde explicou este luns o dispositivo despregado polo goberno local para hoxe luns, día no que Vigo acolleu a saída da terceira etapa da Volta Ciclista a España. 57 axentes da Policía Local, 36 voluntarios e 28 efectivos de Protección Civil, máis o persoal de Limpeza, conformaron o operativo municipal para hoxe.
xoves, 22 ago 2013
O alcalde explicou este xoves o dispositivo que desprega o goberno de Vigo para o domingo e o luns, datas nas que a Volta a España pasa pola cidade. Entre axentes da Policía Local, voluntarios municipais e Protección Civil, 266 efectivos velarán polo normal desenvolvemento desta cita.
mércores, 14 ago 2013
A partir de setembro e durante dous anos, o Concello desenvolverá un plan de semaforización para fomentar a porosidade e a seguridade no tráfico. Así o avanzou o rexedor durante unha visita ao vial de Claracampoamor (concluencia con Foxos) onde se instalou un semáforo moi demandado polos veciños da zona. <br />
martes, 13 ago 2013
O Concello reforzará o servizo de transporte público para acudir ao concerto de Pablo Alborán, mañá mércores, no Ifevi.
venres, 9 ago 2013
O alcalde recibiu este venres aos axentes da sección Costa e Praia da Policía Local que rescataron o pasado martes a un home na praia da Fonte, un salvamento "moi notable" que evidencia que este departamento policial "está funcionando moi ben". Caballero avanzou o reforzo da súa actividade.
martes, 23 xul 2013
Abel Caballero anunciou hoxe martes unha decisión sobre tráfico "esperada e desexada" na cidade. Concretamente, avanzou que as motocicletas poderán circular polos carrís bus para o que xa deu as correspondentes instruccións.
martes, 9 xul 2013
Vitrasa ten nove liñas de autobús ás praias desde o 24 de xuño para facilitar o transporte urbano. Ademais, dispón de dous coches no centro da cidade para comprobar as horas de maior afluencia e reforzar as liñas que fagan falta.