mércores, 29 mai 2013
O alcalde anunciou hoxe mércores que mañá dará comezo a obra de aseguramento da parede curvada do túnel de Beiramar, traballos que poderán rematarse "en tres ou catro días" para despois restablecer o tráfico rodado con normalidade e estudar en detalle as causas do acontecido.
venres, 24 mai 2013
Abel Caballero presenciu hoxe venres os actos conmemorativos do Día da Policía Local, que se desenvolveron na Praza do Rei con exhibicións de todas as seccións do Corpo. O alcalde felicitou e agradeceu aos axentes o seu traballo na procura dunha cidade mellor. Durante o evento, recoñeceuse o traballos dos policías que cumpren 25, 30 e 35 anos no corpo, 44, 29 e 6 axentes, respectivamente.
xoves, 16 mai 2013
O alcalde de Vigo fixo este xoves unha visita ás dependencias da Policía Local para coñecer a nova aula de formación dos axentes e outras melloras realizadas, por exemplo nos vestiarios. A nova sala triplica as prazas dispoñibles e permitirá a realización este ano de 27 cursos de formación, especialización e actualización.
luns, 13 mai 2013
A central de comunicacións da Policía Local recibiu ao longo do ano pasado unha media de 70 chamadas ao día. A maior porcentaxe de chamadas responde a motivos de seguidade cidadá e os días con máis inicidencias son os venres e os sábados, tal e como detallou en rolda de prensa, o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font.
mércores, 8 mai 2013
O concelleiro de Seguridade, Carlos Font, fixo balance dunha campaña informativa realizada pola Policía Local en 229 vehículos, que evidencia que o 14% do total non cumprían coa norma legal aplicable aos Sistemas de Retención Infantil (SRI). O edil invitou a centros escolares e asociacións a solicitar un curso informativo que ofrece o Concello ao respecto.
venres, 12 abr 2013
A Xerencia de Urbanismo modificou o uso dotacional da parcela na que se sitúa o Parque de Bombeiros de Teis o que facilitará a construcción de novas intalacións. Así o avanzou o rexedor, quen engadiu que existe xa consignada unha partida de 800.000 euros.
xoves, 11 abr 2013
O alcalde, Abel Caballero, presentou hoxe xoves o programa previsto para a celebración do Día Mundial da Bicicleta, que terá lugar o 20 e 21 de abril, en colaboración con A Golpe de Pedal e a ONCE, entre outras entidades colaboradoras. O obxectivo é promocionar o transporte sostible e os hábitos de vida saudables.
mércores, 13 feb 2013
Abel Caballero mantivo hoxe mércores un encontro co policía local Miguel Selas para coñecer o proxecto fotográfico Into de world. Ese funcionario municipal percorreu o mundo retratando distintas vidas e sociedades con imaxes que xa expuso, con moito éxito, na Casa da Xuventude.
venres, 1 feb 2013
Abel Caballero e e a ex piloto María de Villota participaron hoxe venres nunhas xornadas de Educación Vial que o Hospital Vithas organizou para os alumnos do IES Rosais II. Durante a charla, enfatizouse a importancia da prevención e do respecto ás normas á hora de cruzar ou conducir.
martes, 29 xan 2013
Os concelleiros de Tráfico e Fomento, Carlos López Font e David Regades, respectivamente, foron hoxe martes os encargados de mostrar a sala de tráfico do Concello a uns 50 expertos internacionais en mobilidade. Esta visita se enmarca dentro do proxecto europeo Compass4D que busca reducir a contaminación e mellorar a circulación nas cidades.