Escoitar

Expertos europeos visitan a sala de tráfico do Concello dentro do proxecto Compass4D

Os concelleiros de Tráfico e Fomento, Carlos López Font e David Regades, respectivamente, foron hoxe martes os encargados de mostrar a sala de tráfico do Concello a uns 50 expertos internacionais en mobilidade. Esta visita se enmarca dentro do proxecto europeo Compass4D que busca reducir a contaminación e mellorar a circulación nas cidades.

martes, 29 xan 2013
13594644564D.JPG
Ao redor de 50 expertos en mobilidade europeos achegáronse hoxe martes á sala de tráfico do Concello dentro dunha iniciativa enmarcada no proxecto Compass4D que persegue mellorar o tráfico e reducir a contaminación nas cidades. Os concelleiros de Seguridade e Fomento, Carlos López Font e David Regades, amosaron as ferramentas tecnolóxicas coas que Vigo controla o tráfico aos participantes, procedentes doutras seis cidades europeas: Burdeos, Copenhague, Eindhoven-Helmond, NewCastle, Tesalónica e Verona.

O proxecto, que rematará en 2015 cunha exposición de resultados en Burdeos, presentouse onte no Auditorio Mar de Vigo.
Descargar todas as imaxes