luns, 28 xan 2013
Abel Caballero avanzou a participación de Vigo en Compass4D, un proxecto internacional de mellora do tráfico nas cidades en colaboración con outros 6 países europeos. Nesta iniciativa, dotada de 2,5 millóns de euros, participa o Concello e outras empresas de transporte da cidade, como Vitrasa.
luns, 28 xan 2013
O Pleno do Concello deu luz verde á ampliación ata 1,5 millóns do Fondo de Acción Social para traballadores públicos. A proposta do Goberno local ten como finalidade mellorar as condicións sociais dos empregados públicos, actualizando un acordo regulador do ano 1999.
luns, 28 xan 2013
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, presentou este luns no Pleno da Corporación o informe trimestral de Tesourería correspondente ao terceiro trimestre do pasado ano, meses nos que o goberno local realizou 2.137 pagos nun prazo medio de 36,1 días, por debaixo dos 40 que marca a lei.