Escoitar

Pleno da Corporación, sesión ordinaria

venres, 25 xan 2013

PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 1

CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día VINTE E OITO de XANEIRO de 2013, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.

PARTE RESOLUTIVA

1.- Actas anteriores. (Sesión extraordinaria 17.12.12)

2.- Declaracións institucionais.

3.- Ditames das comisións informativas:

XESTIÓN MUNICIPAL
3.1.- Modificación puntual do art. 30 do Acordo regulador das condicións económicas e sociais dos traballadores/as ao servizo do Concello de Vigo e do Regulamento reitor do Fondo de Acción Social (FAS). Aprobación inicial. Expte. 23765/220 (585/1101).

ECONOMIA, FACENDA, PATIMONIO E EDUCACIÓN
3.2.- Dar conta do informe trimestral da Tesourería sobre o cumprimento dos prazos para o pagamento das obrigas do Concello de Vigo (3º trimestre-2012). Expte. 7219/540 (582/1101.

3.3.- Desestimación da reclamación administrativa de D. Ricardo Magdalena Vila, instando a desafectación e rectificación inventarial do Camiño Pescadeira R-3 Sárdoma. Expte. 19188/240 (590/1101).

3.4.- Desestimación da reclamación administrativa de Dª Irene Alonso Freire, instando a desafectación e rectificación inventarial do Camiño Balsa, Ramal 4-1-Matamá. Expte. 19566/240 (591/1101).

3.5.- Resolución de alegacións e aprobación definitiva do Proxecto de Orzamento do Concello de Vigo e os seus organismos autónomos, exercicio 2013. Expte. 24/142 (588/1101).


4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.

5.- Mocións:

5.1.- Moción do Grupo municipal do BNG instando á Xunta de Galicia a derrogación do decreto 130/2012, sobre salvamento marítimo, así como o rescate da venda dos helicópteros de salvamento e recuperación do seguro colectivo de accidentes no mar. Expte. 583/1101.

5.2.- Moción do Grupo municipal Socialista instando ao Ministerio de Fomento a que libere a peaxe da autopista AP-9 nos últimos dous quilómetros de entrada en Vigo. Expte. 584/1101.

5.3.- Moción do Grupo municipal Socialista, instando ao Ministerio de Economía e Facenda a revisar a subvención ao transporte colectivo urbano, exercicio 2012. Expte. 593/1101.

5.4.- Moción do Grupo municipal Socialista, instando da Consellería de Sanidade que a poboación das áreas sanitarias de Pontevedra e o Salnes, teñan como referencia para a cirurxía cardíaca a Unidade do Hospital do Meixoeiro, e a disposición de medios para esta unidade. Expte. 594/1101.

5.5.- Moción do Grupo municipal Popular instando ao Banco de España, Ministerio de Economía, Comisión Europea e outros, a resolver as reclamacións de Participacións Preferentes. Expte. 587/1101.


6.- Asuntos urxentes.


PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas polos concelleiros/as delegados/as.

1.3.- Dar conta do escrito do grupo político municipal do BNG, de data 3.01.2013, comunicando o cambio de voceiro. Expte. 579/1101.

1.4.- Dar conta do escrito da voceira do grupo político municipal do BNG, de data 14.01.2013, comunicando o cambio de representante na Mesa de Contratación. Expte. 581/1101.


2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación.

4.- Mocións.

4.1.- Moción do Grupo municipal Popular instando a elaboración e posta en marcha dun plan de igualdade para o persoal do Concello. Expte. 574/1101.

4.2.- Moción do Grupo municipal Popular instando á Concellería de Fomento a elaborar un Plan de Mellora de abastecemento no barrio de Teis. Expte. 586/1101.


4.a. Mocións urxentes

5.- Formulación de rogos.

6.- Formulación de preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA, correspondente ao mes de agosto, no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día VINTE E OITO DE XANEIRO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quórum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ao acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello aos efectos de información.


Vigo, 24 de xaneiro de 2013
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,




Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.