mércores, 23 xan 2013
Os traballos de desmontaxe do edificio Bandeira comezaron hoxe mércores, para gañar tempo mentres se tramita a licenza de nova edificiación do futuro centro comercial. Tal e como explicou o rexedor, reconstruirase o edificio cunha pequena variación no espacio para ampliar a rúa Vizcaia e humanizaránse, ademais desta rúa, a Extremadura e Aragón.
mércores, 23 xan 2013
Segundo informou Caballero, o goberno local está inmerso no proceso técnico para derrubar o edificio do Castelo e, unha vez aprobado o orzamento municipal, licitar e contratar os traballos para "descubrir de novo a muralla" do Castelo do Castro. O alcalde estima que en seis meses podería estar rematado o derrubo.
mércores, 23 xan 2013
O alcalde explicou este mércores que o temporal de vento e choiva dos últimos días derrubou alguns exemplares, singularmente no Castro e Samil, ante o que o Concello reporá cada un afectado con tres novas unidades, neste caso, 27 e 9 árbores respectivamente.
mércores, 23 xan 2013
O alcalde presentou este mércores cos seus organizadores este evento, que terá lugar do 4 ao 6 setembro no Círculo Mercantil da cidade. Trátase dun concurso de ámbito galego que, na súa segunda edición, engade o violonchelo e contará con 36 instrumentistas de ata 19 anos.
mércores, 23 xan 2013
O alcalde reuniuse na tarde de onte martes con representantes da devandita asociación viguesa, que reúne a 1.000 afiliados. Caballero anunciou "cooperación activa" para conveniar o coste do seu local e elaborar un "programa integral de apoyo" ao colectivo en cuestións non médicas.
mércores, 23 xan 2013
A "Rede de Mulleres contra os Malos Tratos" programa para o xoves 24, un videoforum coa película documental "La educación prohibida". Será ás 18 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, na rúa Joaquin Yáñez 6, 2º andar.