Escoitar

O Concello apoiará á Asociación de Diabéticos sufragando o local e planificando actividades

O alcalde reuniuse na tarde de onte martes con representantes da devandita asociación viguesa, que reúne a 1.000 afiliados. Caballero anunciou "cooperación activa" para conveniar o coste do seu local e elaborar un "programa integral de apoyo" ao colectivo en cuestións non médicas.

mércores, 23 xan 2013
1358944933diabeticos.jpg
A cidade de Vigo acolle a entre dez e quince mil diabéticos, segundo apuntou hoxe mércores Abel Caballero, tras reunirse onte con representantes da Asociación viguesa de Diabéticos, á quen garantiu a sinatura dun convenio para sufragar o coste de aluguer do seu local.

O alcalde indicou que esta "cooperación activa" incluirá a elaboración dun "proxecto global" en cuestións non sanitarias, en materia de formación, saúde e deporte, como campamentos ou rutas saudables que impulsa o Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes