Caballero agarda que a próxima semana poida asinarse o novo contrato de teleasistencia
No tocante á tramitación administrativa, o alcalde explicou que hoxe martes se contactará coa empresa para que manteñan os dispositivos aos beneficiarios vigueses e estima que a próxima semana estará asinado o contrato de prestación gratuita do servizo.
Segundo apuntou Abel Caballero, o Concello de Vigo analizou onte o procedemento administrativo para asumir este servizo -eliminado na cidade polo Goberno de España e a Deputación de Pontevedra- e hoxe contactará coa empresa que o presta para que non retiren os dispositivos de teleasistencia aos 590 beneficiarios en Vigo.
O alcalde apuntou á próxima semana como data prevista para a sinatura do novo contrato, un sistema que será empregado durante dous ou tres meses máis, previa a un contrato negociado que se alongará ata que estea resolto o concurso público deste servizo.
Abel Caballero criticou ao Goberno de España e á Deputación de Pontevedra por eliminar a financiación para a prestación da teleasistencia, un sistema de alerta sanitaria que empregan maiores que viven sos. O rexedor recordou que a competencia en materia social corresponde á Xunta de Galicia, administración á que o Concello reclamará o investimento nesta cuestión por vía administrativa e incluso xudicial.
"Unha vez máis, esta cidade ten que valerse por si mesma", afirmou Caballero, despois de que o Concello de Vigo asumirá a teleasistencia xa que "non imos deixar que ninguén quede tirado", en referencia aos recortes.