O Concello cooperará cos afectados por preferentes na procura de información sobre as condicións das arbitraxes
O alcalde avanzou esta mañá que desde a oficiña de consumo municipal (OMIC) solicitarán información sobre as condicións das arbitraxes de preferentes, tal e como lle pediron os afectados cos que hoxe martes mantivo un encontro. Tal e como explicou, o Concello dirixirase a Novagalicia, á Xunta e ao FROB para axudar a estes "estafados" porque "recibiron un producto inversor de alto risco sen ser advertidos".