Escoitar

Os servizos municipais atenderon 66 incidencias derivadas do temporal da pasada fin de semana

O segundo tenente de alcalde e concelleiro de Seguridad, Carlos Font, eloxiou o traballo dos efectivos municipais de Protección Civil, Bombeiros e Policía Local na atención dos 66 requerimentos rexistrados polo Concello na tarde do venres e ao longo do sábado.

luns, 21 xan 2013
Ante as alertas climatolóxicas previstas para o pasado fin de semana, o Concello de Vigo activou o operativo de emerxencias reforzando o número de efectivos de servizo na Protección Civil, Bombeiros e Policía Local de Vigo.

A central do Concello recibiu 18 requerimentos de actuación na tarde do venres, 34 o sábado pola mañá e outras 14 na tarde do mesmo día, por caída de lousas e arborado, desprendimento de terra e carteis publicitarios e contedores desprazados, entre outras.

Font subliñou singularmente o traballo realizado pola caída de árbores na rúa Marqués de Alcedo, que produxo danos a máis dunha docena de vehículos entre os que se atopa un coche da Policía Local, ferindo leve a un axente que estaba de servizo. A devandita rúa permanece actualmente pechada ao tráfico para facilitar o traballo do departamento municipal de Parques e Xardíns; o concelleiro asegurou que se abrirá o tráfico en sentido descendente o antes posible.