Escoitar

O Concello rotula o Casco Vello con 26 novas placas de bronce policromado

O alcalde de Vigo presentou este venres as 26 novas placas coas que o Concello rotula moitas rúas do Casco Vello. Acompañado pola concelleira de Urbanismo e primeira tenente de alcalde, Caballero incluíu esta iniciativa dentro do proceso de rehabilitación que está a realizar nesta noble zona da cidade.

venres, 18 xan 2013
1358512023placa.jpg
O alcalde explicou hoxe venres que a Praza da Constitución, a Praza da Igrexa, a Praza da Pedra, a Praza da Ribeira do Berbés, a rúa dos Cesteiros, a Praza da Princesa, a rúa de Fermin Penzol, a rúa da Laxe, a rúa de Méndez Núñez, a rúa Oliva, a rúa Real, e a rúa Triunfo, contarán con dúas novas placas de bronce policromado co seu nome, mentres que as rúas Gamboa e Joaquín Yáñez, levarán unha, axustándose á súa extensión. Así o explicou esta mañá, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado pola concelleira de Urbanismo e Cascos Históricos, Carmela Silva, durante a que enmarcou esta iniciativa no proceso de rehabilitación que se está a acometer no Casco Vello, "enfatizando a relevancia desta zona na cidade".

Esta nova rotulación, con 26 placas con fondo negro de 51/35,5 centímetros, están integradas de xeito armónico na paixase e na estrutura urbana e arquitectónica da cidade, dixo, ao tempo que avanzou que Silva está en conctacto cos comerciantes para que toda a rotulación da zona sexa acorde co contexto.
Descargar todas as imaxes