luns, 14 xan 2013
Os vigueses poderán disfrutar nuns días dunha nova zona verde situada entre a Praza do Rei e a Panificadora. Tal e como explicou Abel Caballero, as máquinas xa están a traballar no alisado do espazo.
luns, 14 xan 2013
O Concello encargará a un poeta ou poetisa de Vigo a elaboración dun poema con motivo da celebración do día da Reconquista. Así o avanzou hoxe luns o rexedor, logo dun encontro que mantivo esta mañá cos organizadores dos Vigueses Distinguidos, unha reunión na que se decidió incorporar esta iniciativa nesta e nas seguintes edicións desta celebración local.
luns, 14 xan 2013
Abel Caballero anunciou este luns que o Concello decidiu adaptar os horarios das zonas habilitadas para carga e descarga de mercadorías ás necesidades dos comercios da zona. O alcalde, que citou ás panaderías como exemplo, apuntou que o Concello contactará cos distintos sectores comerciais.
luns, 14 xan 2013
A Concellería de Cultura e Festas colabora na realización do concerto que a artista MALÚ ofrecerá no auditorio "Mar de Vigo" o sábado 2 de febreiro, ás 21,30h, e que está producido e organizado pola empresa Categórica Producións.
luns, 14 xan 2013
A Biblioteca Municipal "Xosé Neira Vilas" presenta a súa programación de inverno, para o periodo xaneiro-marzo, que inclúe unha serie de actividades diversas, dirixidas a todos os públicos, e onde destacan algunhas xa habituais como "Os sabadiños do Roque", os talleres "Achégate a internet" ou "Achégate á arquitectura" , o "Obradoiro de escritura creativa", "A hora dos contos" , o "Clube de lectura" e os "Contos Dakí", que contará nesta ocasión coa presenza de Celso Fernández Sanmartín, Paula Carballeira e Avelino González. Destaca tamén a actividade "Entre arrolos e contiños", dirixida a nenas e nenos de 12 meses ata 3 anos e os seus acompañantes, o terceiro sábado de cada mes ás 12,00h.