O Concello investirá 500.000 euros en axudas ao alumnado vigués da Universidade
O alcalde, Abel Caballero, anunciou este xoves un acordo co reitor, Salustiano Mato, para revertir na Universidade o pago do Imposto de Bens Inmobles (IBI), medio millón de euros que o Concello vai adicar a axudas ao alumnado da institución que estea censado en Vigo.