Escoitar

O Concello coopera cos titulados da Escola de Arte Dramática no novidoso proxecto Teatro á Feira

O alcalde e representantes de ATESAD, a Asociación de Titulados da Escola Superior de Arte Dramática, sita en Navia, presentaron este venres esta proposta, que auna a degustación de tapas e teatro: cada entrada inclúe unha consumición nos establecementos colaboradores. O Auditorio Municipal acollerá os espectáculos do 1 ao 3 de febreiro.

venres, 25 xan 2013
1359117974atesad.jpg
Abel Caballero presentou este venres esta novidosa iniciativa impulsada por ATESAD coa colaboración do Concello de Vigo. Teatro á Feira é unha degustación de espectáculos e de tapas e viños da cidade, pois a entrada ao teatro da dereito a unha consumición nun dos establecementos colaboradores.

A cita será no Auditorio municipal do Concello, entre o 1 e o 3 de febreiro, onde se representarán oito espectáculos de sete compañías para todos tipo de públicos, desde infantil a adulto. Os prezos, con desconto en anticipada, son de seis euros para adulto -tres para menores de doce anos- e cinco para parados, xubilados, estudantes e parellas. As entradas xa están á venda nos locais colaboradores.
Descargar todas as imaxes

Máis información