Escoitar
Anuncio de Festas

Inscrición de Concursos do Entroido 2013

Conforme o convenio de colaboración asinado polo Concello de Vigo coa Federación de Peñas "El Olivo" e coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, convócanse os seguintes concursos relacionados co Entroido 2013.

venres, 25 xan 2013
-"Concurso de Coplas", que vai ter lugar o vindeiro 8 de febreiro, na praza da Constitución. O número máximo de participantes neste concurso limítase a oito, tendo como único criterio de selección a orde de presentación de solicitudes na oficina do Rexistro Xeral.

-"Concurso de Comparsas", cuxo desfile vai ter lugar o vindeiro 9 de febreiro, entre a rotonda de Isaac Peral e a Porta do Sol. A orde no desfile das comparsas e carrozas participantes decidirase por sorteo público, que terá lugar o día 6 de febreiro ás 12:00 horas na Casa do Concello.

-"Concurso de Disfraces", entre as persoas (individual, grupos, etc..) que desfilen polo escenario que se instalará na praza do Rei o martes 12 de febreiro.

Comunícaselles a todos/as os/as interesados/as que as bases mailas solicitudes de inscrición se atopan á súa disposición na oficina de Información do Concello e que o prazo de presentación será desde o 28 de xaneiro ata o 2 de febreiro, ambos inclusive, a excepción do Concurso de Disfraces cuxa inscrición se fará directamente na praza do Rei o día 12 de febreiro, de 17:00 a 18:00 horas.


Cadro de premios dos concursos do Entroido 2013:

COPLAS
1º premio: 600 €
2º premio: 400 €
3º premio: 200 €
3 accésit (non acumulábeis): 150 €


COMPARSAS
1º premio: 2.500 €
2º premio: 2.000 €
3º premio: 1.500 €
Premio especial á mellor carroza (non acumulábel aos demáis premios): 1.000 €
12 accésit (non acumulábeis aos demais premios): 500 € (comparsas a partir de 30 compoñentes)


DISFRACES
Categoría 1º premio 2º premio 3º premio Accésit

Individual infantil (bono regalo) 100 € 75 € 50 € 30 €

Individual xeral 100 € 75 € 50 € 30 €

Grupo infantil (bono regalo) 200 € 100 € 75 € 30 €

Grupo xeral 200 € 100 € 75 € 30 €"