O Goberno local aumentou nun 70% as prazas en escolas infantis nos últimos cinco anos
O Concello oferta este curso 487 prazas en escolas infantís, o que supón un 70% máis que hai cinco anos. Así o lembrou durante unha visita á escola de Tomás Alonso, un dos dous centros municipais que abriron as súas portas este curso.
Abel Caba llero fxo hoxe venres a primeira visita oficial á Escola Infantl de Tomás Alonso, unha escola con 72 prazas que empezou a funcionar a principios deste curso nunha zona con gran demanda. Logo de descubrir a praca, o rexedor destacou o "importante" apoio municipal que reciben estes centros que, ademais da construcción, reciben unha asignación anual duns 200.000 euros. Estas aportacións, que cubren ao redor do 85% do custe de cada neno, supón que as escolas infantís municipais resulten para os pais a metade máis baratas que as da Xunta.
No documento de orzamentos do ano 2013, hai unha partida de case 1,5 millóns para escolas infantís, "seguindo coa política de gran apoio social ás familias que teñen fillos e non poden costear un centro privado". Explicou que nestes momentos hai 6 escolas en funcionamento -Santa Cristina -Lavadores, Atalaia-Teis, Santa Marta-Casco Vello, Costeira-Saiáns, Tomás Alonso e Bouzas, fronte ás catro que funcionaban no ano 2007.
Descargar todas as imaxes