Escoitar

O Concello aprobou a asignación definitiva das 28 vivendas en rexime de aluguer de Navia

A Xerencia de Urbanimos deu luz hoxe venres a asignación definitiva das 28 vivendas que o Concello ofrece en réxime de aluguer social no barrio de Navia, logo de que os adxudicatarios elexiran piso por riguroso orde de sorteo.

venres, 25 xan 2013
A Xerencia de Urbanismo aprobou a asignación definitiva das 28 vivendas de Navia aos adxudicatarios que foron elexidos por sorteo. O alcalde lembrou que se trata de pisos "situados no corazón" do barrio, con garaxe e trasteiro, e un aluguer que oscila entre 116 e 166 euros ao mes. Na mesma sesión, deuse conta da concesión de 23 licenzas de obra e 4 de actividade para un investimento de 289.000 euros.

Durante a rolda de prensa, Caballero anunciou a aprobación dun convenio de 85.000 euros coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e a Federación de Peñas El Olivo para organizar o Entroido 2013, que este ano se celebra entre o 8 e o 12 de febreiro. Esta cooperación, explicou o alcalde, permite rebaixar "moito" o custo e facilita a organización ao aportar 16 xefes de equipo para coordinar ás máis de 1.500 persoas que colaboran na posta en marcha do evento. O prazo para incribirse nos concurso de comparsas e disfraces comeza o próximo luns, 28 de xaneiro.