xoves, 31 xan 2013
Os 104 maiores aos que lles foi retirado o dispositivo da teleasistencia volverán contar con el a partir de mañá. Así llo indicou a responsable de Eulen, empresa concesionaria do servizo, ao rexedor durante unha reunión na que Caballero lle entregou o contrato para que o Concello manteña o servizo.
xoves, 31 xan 2013
As 28 familias adxudicatarias dos alugueres sociais das vivendas municipais de Navia recibiron hoxe xoves as chaves do seu novo piso de mans de Abel Caballero, nun dos actos "máis emotivos desde que son alcalde", recoñeceu o rexedor.
xoves, 31 xan 2013
Do 1 de febreiro ata o 28 de abril a Fundación Laxeiro presenta a segunda edición do ciclo que, co título xenérico Panorama, mostra, con periodicidade anual, o traballo de artistas que traballan en Galicia desde presupostos coincidentes, sexan estes, formais, procesuais, técnicos ou discursivos. Artistas:Colin Baldwin, Misha Bies Golas, Luis Bueno, Tono Carbajo, Samuel Castro, María Chenut, Rosendo Cid, Santiago Mayo, Rosa Úbeda, Xosé Carlos Barros, Miguel Mosquera, Pablo Orza, Pelucas, Enrique Saavedra, Teo Soriano.<br />
xoves, 31 xan 2013
Comeza a primeira edición da "Festa de Teatro Emerxente: Teatro á feira", que terá lugar no auditorio municipal do Concello (Praza do Rei, 1), os días 1, 2 e 3 de febreiro. A feira está organizada pola Asociación de Titulados/as en Estudos Superiores de Arte Dramática (ATESAD), en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas.
xoves, 31 xan 2013
O Museo Liste-Etnográfico de Vigo e o Centro de Artesanía Tradicional (CAT), xestionados pola Fundación Liste coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, presenta a súa programación para o primeiro trimestre de 2013, que contará coa exposición permanente, exposicións temporais, obradoiros, talleres e xornadas.