mércores, 11 mar 2015
Caballero manterá esta tarde un encontro con responsables da asociación ERTICO que proporán a Vigo sumarse a este organismo, con sede en Bruxelas, especializado en sistemas de transporte intelixente. Vigo xa é cidade piloto de dous dos seus proxectos de smart cities: o Compass4D e o CO-GISTICS.
mércores, 18 feb 2015
O alcalde de Vigo valorou satisfactoriamente as melloras introducidas no servizo de autobús urbano á Cidade Universitaria, que comezaron a operar este mércores. Desde hoxe, as lanzadeiras U1 e U2 amplian os seus percorridos, con tres novas viaxes á primeira hora desde Bouzas, Navia e Teis, e a creación de dúas novas paradas na Gran Vía.
martes, 17 feb 2015
O alcalde mantivo esta mañá unha reunión con responsables de Conxemar, na que tamén estiveron presentes o concelleiro de Tráfico, Carlos López Font e o xefe da Policia Local, Francisco Martínez. Durante o encontro, explicou o rexedor, deseñaron un plan de tráfico e melloras en infraestruturas para que a maior feira internacional do conxelado volva ser un éxito o próximo mes de outubro.
martes, 10 feb 2015
O alcalde de Vigo anunciou este martes melloras no servizo de autobús urbano á Cidade Universitaria. As liñas U1 e U2 amplían os seus percorridosa partir do próximo 18 de febreiro, con tres novas viaxes á primeira hora da mañá e a creación de dúas novas paradas en Gran Vía. Segundo indicou Caballero, repartiranse 2.000 folletos informativos.
xoves, 5 feb 2015
Abel Caballero salientou hoxe xoves que Vigo concluiu o 2014 cun total de 621 prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, cando no 2006 eran 120. O alcalde recordou que o Concello atende todas as solicitudes recibidas e indicou que Vigo supera amplamente o ratio que establece a normativa.
xoves, 29 xan 2015
O goberno de Vigo puxo en funcionamento na rúa Venezuela, na confluencia coa Gran Vía, o primeiro carril propio para motos, un proxecto piloto para pasar entre os coches á zona adiantada cando estea o semáforo vermello. Caballero salientou que polo de agora está a funcionar ben e avanzou que se estudan novas ubicacións onde instalalo.
martes, 20 xan 2015
O alcalde revisou esta mañá as obras de remodelación "absoluta" do Parque de Bombeiros de Teis que rematarán no mes de febreiro. Cun orzamento de 1,3 millóns o goberno local acometeu traballos de mellora moi necesarios nunha instalación que levaba sen obras desde a súa inauguración, en setembro de 1987.
venres, 9 xan 2015
Os conductores poden obter información da fluidez do tráfico en tempo real a través de 8 paneis colocados en zonas estratéxicas da cidade. Este "revolucionario" sistema ten sensores de bluetooth que detectan as velocidades dos vehículos de xeito que os conductores poden elexir a mellor alternativa para chegar ao seu destino.
martes, 16 dec 2014
A Policía Local dirixiu este ano 198 traslados de transportes especiais na cidade, o que supón un repunte respecto dos dous anos anteriores cando as cifras diminuían. Segundo explicou Carlos López Font, o Concello facilita ao máximo estes traslados en beneficio das ampresas e da economía de Vigo e da súa área de influencia.
mércores, 10 dec 2014
Cada panel informativo, ubicados en puntos estratéxicos da cidade, ofrecerá información a tempo real indicando a duración estimada e a fluidez do tráfico en tres rutas. O goberno de Vigo informará sobre posibles obras, accidentes ou manifestacións que poidan afectar á circulación. Vigo será a primeira urbe española en proporcionar tal grado de información do tráfico en tempo real, segundo salientou o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Carlos Font.