venres, 28 nov 2014
As liñas C1 e C2 de Vitrasa incrementarán as súas frecuencias durante o periodo de Nadal. Así o avanzou hoxe venres o rexedor nunha rolda de prensa na que non descartou que esta ampliación se consolide.
mércores, 26 nov 2014
O Concello ampliou a 67 os semáforos dotados cun sistema bluetooth que se activa desde o teléfono do invidente de xeito que o sinal acústico se activa ao paso do usuario. Deste xeito, o volume do sinal pode ser o óptimo para a seguridade do peón, ademais de evitarse as molestias que xeraban aos veciños da zona os ruídos dos semáforos acústicos convencionais.
mércores, 26 nov 2014
O Concello instalará elementos de protección ao longo de máis de 4 quilómetros en estradas de ámbito municipal, incluíndo 1.400 metros lineais de novas barreiras. Hoxe mércores, o alcalde trasladou o informe municipal a asociacións de motoristas e solicitará á Deputación, Xunta e Estado que doten de seguridade estradas da súa competencia na cidade.
venres, 21 nov 2014
O alcalde de Vigo participou este venres no acto de inauguración do monumento, emprazado á altura do coñecido como "balcón de Aragón", unha das accións promovidas con motivo do Día Mundial en Recordo ás Vítimas de Accidentes de Tráfico que ten lugar o terceiro domingo de novembro.
venres, 21 nov 2014
O alcalde avanzou este venres que a próxima semana se reunirá con asociacións de motoristas para pasar revisión a todos os gardarraís da cidade que supoñen un risco para a integridade física dos motoristas en caso de caída. Caballero asegurou que "imos por salvagardarraís en todos os viais da cidade de competencia municipal" para que "Vigo quede libre de gardarraís asasinos".
xoves, 20 nov 2014
As solicitudes de información rexistradas na emisora central da Policía Local no que vai de 2014 son 6.284, fronte as 1.781 que se recolleron en todo 2013. Así o explicou o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, nunha rolda de prensa na que tamén precisou que a media diaria de requerimentos telefónicos dos cidadáns é de 114.
martes, 11 nov 2014
Ao redor de 15.000 persoas participarán o ano que ven nalgunha das actividades formativas desenvolvidas desde o departamento de Educación Vial da Policía Local. Segundo explicou hoxe Carlos López Font, concelleiro responsable, estas iniciativas diríxense un público heteroxéneo que vai desde os nenos de 0 a 3 anos, ás persoas de idade avanzada, pasando por infractores menores.
martes, 4 nov 2014
O alcalde avanzou esta mañá que o Concello traballa "nun proceso activo de facer a cidade máis porosa para os peóns, sen dificultar o tráfico dos vehículos". Entre outras medidas, referiuse á instalación nos últimos meses de 12 semáforos, pintado de novos pasos de peóns, graduar ven as ondas verdes, así como facilitar a circulación de motos.
xoves, 2 out 2014
O pasado sábado, con motivo da visita do Oasis of the Seas á cidade, o Concello reforzou o servizo de transporte público que foi usado por 9.000 persoas máis que un fin de semana normal. Durante a rolda de prensa, o concelleiro de Transporte, David Regades, avanzou que, co obxectivo de fomentar o uso do Vitrasa entre os estudantes, todos os autobuses da Universidade estarán dotados con wifi.
xoves, 25 set 2014
Caballero fixo hoxe xoves balance das iniciativas municipais da Semana Europea da Mobilidade, con 3.300 usuarios nas liñas gratuítas N1 e N2 durante o pasado fin de semana. O número de viaxeiros nos "búhos" incrementouse nun 15% respecto dun fin de semana normal.