O Concello propón un deseño da terminal de autobuses acorde á estación de Thom Mayne

venres, 23 mar 2018

A proposta foi abordada este xoves nunha reunión entre Concello, Xunta, ADIF e Immochan, a empresa que construirá a gran estación do AVE deseñada polo premiado arquitecto estadounidense. Abel Caballero pide á Xunta de Galicia un deseño "coherente" da estación de autobuses -que estará nun lateral da estación do AVE- co entorno e a arquitectura de Mayne.