Escoitar

As obras de humanización de Venezuela obrigan a cortar o tráfico entre as rúas Gran Vía e México

Abel Caballero avanzou que este luns quedará pechado ao tráfico o tramo da rúa Venezuela que transcorre entre Gran Vía e México. Durante dous meses, executaranse os traballos de humanización, que incluirán a renovación das canalizacións de abastecemento e saneamento de toda a rúa.

luns, 21 mai 2018
Hoxe luns comezou a humanización da rúa Venezuela para o que será preciso pechar ao tráfico o tramo que vai desde Gran Vía a México durante dous meses. O goberno de Vigo renovará as canalizacións de abastecemento e saneamento de toda a rúa, quilómetro e medio de rede. Esta obra enmárcase dentro do proxecto do carril bici, que cruzará Vigo desde Travesía ata Samil -cun orzamento que roza os 5,9 millóns- e que conlevará a humanización da Avenida de Castelao, da Avenida Europa e a mellora de Pizarro e Travesía de Vigo.

Mentres duren as obras, o goberno vigués fará de dobre sentido a rúa Panamá, entre Venezuela e Bolivia. Para chegar de Venezuela ata Pizarro e salvar así o tramo pechado, o Concello recomenda subir por Marqués de Alcedo e baixar á Praza de España para chegar a Pizarro ou subir pola rúa Panamá e continuar por Nicaragua ata Pizarro a través da Praza Elíptica.