Escoitar

O Concello conclúe a humanización da rúa Canceleiro, cun orzamento de 250.000 euros

Abel Caballero visitou este mércores o vial, xa completamente humanizado tras rematar o goberno de Vigo a reforma do tramo entre Rosalía de Castro e García Barbón. No entorno, engadiu o alcalde, o Concello proxecta as humanizacións de Roupeiro, Heraclio Botana e completar Serafín Avendaño.

mércores, 16 mai 2018
1526475168Canceleiro.JPG
O goberno de Vigo completou a humanización da rúa Canceleiro tras ter finalizada a renovación desta no tramo entre Rosalía de Castro e García Barbón, cun orzamento municipal de 250.000 euros.

Trátase dunha mellora "de altísima calidade", en verbas de Caballero, con beirarrúas novas e ampliadas, renovación da rede de abastecemento e rede separativa de pluviais, nova rede de alumeado, soterramento das redes de telecomunicacións e eléctrica, novo mobiliario urbano, xardineiras e a prantación de once árbores nesta segunda fase.

O goberno de Vigo traballa na "humanización total" do entorno, explicou Caballero, que proxecta a remodelación tamén de Roupeiro e Heraclio Botana, ademais de completar a rúa Serafín Avendaño. O alcalde recordou que apareceron restos arqueolóxicos na zona e polo tanto "hai que parar (o proxecto de humanización) e somos os primeiros en parar", recordou.
Descargar todas as imaxes