martes, 15 maio 2018

Caballero: "A Xunta pediu informes, deseño e documentación para o palco de Bouzas; para o proxecto da Gran Vía non piden nada e paralizan"

martes, 15 mai 2018

O alcalde de Vigo destacou este martes os informes do departamento de Patrimonio da Xunta de Galicia sobre os proxectos para a Alameda de Bouzas e Porta do Sol fronte ao de Gran Vía. "Para unha obra de 10 metros cadrados piden todo tipo de información e non deciden; para a Gran Vía non piden nada e paralizan".

A Alcaldía exhibe a creatividade de seis ilustradores nunha nova edición de Mostrarte

martes, 15 mai 2018

Por primeira vez, Mostrarte alberga unha exposición de ilustracións, unha disciplina artísticas que goza de moi boa saúde xa que pasou de ser un mero complemento dun texto a ter unha forza expresiva á altura de calquera outra rama artística consolidada.Durante a inauguración, o alcalde felicitou aos seis artistas que estes días exhibirán as súas obras en dependencias da Alcaldía.