Escoitar

Caballero apoia a manifestación de Policías Locais en defensa da xubilación anticipada

Abel Caballero reprocha ao Goberno o atraso na aplicación do acordo da xubilación anticipada para a Policía Local "nun proceso de obstrución que non entendemos e non compartimos". Esta mañá mantivo un encontro coas plataformas que representan a 75.000 axentes de toda España.

mércores, 16 mai 2018
1526485928local.jpg
O presidente da FEMP, Abel Caballero, anunciou esta mañá o apoio da Federación á manifestación que o próximo 23 de maio sacará á rúa a 75.000 policías locais que reclaman a aplicación efectiva do proceso de de xubilación anticipada aos 59 anos. Tras a reunión mantida hoxe en Vigo coas plataformas que representan aos afectivos da Policía Local, Caballero lembrou que, nesta materia, xa se alcanzou un acordo que prevía que os gobernos locais pagaran o 85% dos custos da xubilación anticipada e os axentes, o 15%, sen que o "Goberno de España pague nada". Por iso, asegurou, "non entendemos e non compartimos" o proceso de obstrución do Goberno, que está a atrasar a aplicación do acordo.

Subliñou que "estar na rúa con 60 anos facendo tarefas de policía a moi difícil" e lembrou que a xubilación aos 59 anos é unha posibilidade da que xa gozan outros corpos, como o de bombeiros e o carácter da medida é voluntario. A xuízo do presidente da FEMP, trátase dunha importante mellora social "e nós sempre estaremos ao lado das melloras sociais, asegurou.
Descargar todas as imaxes