mércores, 23 mai 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, entregaron este mércores no Concello aos presidentes do Coruxo e do Rápido de Bouzas, Gustavo Falque e Manuel Seoane, as resolución presidenciais a institución provincial coas axudas deste ano a ambos os dous clubs que superan os 200.000 euros.
mércores, 23 mai 2018
Segundo explicou o alcalde, o goberno de Vigo adxudica as 750 prazas para 3º de ESO e prevé que os 16 en lista de agarda poidan obtela polas renuncias voluntarias que cada ano se rexistran. O Concello publica este mércores o listado provisional de admitidos no programa municipal "Vigo en Inglés".
mércores, 23 mai 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, clausuraron este mércores na rúa do Príncipe a edición correspondente ao curso 2017-2018 do proxecto "Depoemprende na Escola" e "Depoemprende na Eso" no que participaron 400 alumnos e alumnas de centros educativos da provincia.
mércores, 23 mai 2018
A última cifra ofrecida este mércores polo alcalde revela que o goberno vigués xa fixo entrega de 135.153 tarxetas, 100.000 xa en utilización. Caballero enxalzou unha política social que permite a 26.391 pensionistas viaxar de balde no bus.
mércores, 23 mai 2018
Abel Caballero resaltou hoxe a importancia da mostra Blas de Lezo y la Guerra del Asiento para coñecer unha parte transcendental da historia de España, nun momento "no que algúns tratan de reescribila". Así o dixo durante a inauguración dunha mostra que percorre as vivencias do histórico mariño vasco que salvou a Cartagena de Indias do asedio inglés en 1741.