Escoitar

Caballero anima á cidade a sumarse o domingo 27 á II Andaina Solidaria contra o Cancro Infantil

Por segundo ano, Radio Taxi organiza este domingo 27 de maio unha nova edición da Andaina Solidaria contra o Cancro Infantil, en colaboración co Concello. Nesta ocasión as ONGs beneficiarias son Asanog e Bicos de Papel.

martes, 22 mai 2018
1526993134BicosPapel.JPG
Baixo a organización de Radio Taxi Vigo e a colaboración do Concello, o domingo 27 de maio, ás 11, 00 h, sairá a II Andaina Solidaria contra o Cancro Infantil, en beneficio de Asanog (Asociación de niños oncológicos de Galicia) e Bicos de Papel. Durante a presentación, o rexedor animou a toda a cidade a sumarse a unha "gran acción" solidaria en beneficio de dous colectivos que defenden dos dereitos e o benestar dos nenos e nenas enfermos de cancro. Son 3,2 quilómetros de marcha, desde a Praza do Rei ata o parque de Castrelos, pasando por Cachamuíña, Falperra, Pi i Margall, López Mora, Praza de América e a avenida de Castrelos.

A inscrición se realiza en El Corte Inglés (5º andar) cun custo de 5 euros a cambio dunha gorra e os beneficios se repartirán entre as dúas ONGs. Finalizada a andaina, haberá actividades, xogos e entrega de premios para os máis pequenos. Na rolda de prensa tamén estiveron presentes Manuel Chorén, presidente da Cooperativa de Radio Taxi; Gonzalo Autrán, responsable de Asanog; e Natalia Diesde, presidenta da Bicos de Papel.
Descargar todas as imaxes