xoves, 24 mai 2018
Abel Caballero informou este xoves da clasificación de ofertas (antiga adxudicación provisional) para ambas reformas, que presentan un orzamento municipal superior ao millón de euros. Ademais, o Concello aprobou unha achega de 7.000 euros en favor da Asociación Española contra o Cancro.
xoves, 24 mai 2018
O rexedor criticou esta mañá a decisión do goberno central de que as zonas francas acheguen ata o 12% dos seus recursos financeiros a un fondo común que servirá para atender aos consorcios con peores resultados. En rolda de prensa, explicou que esta decisión suporá o transvase de recursos de Vigo a outras territorios, fondos para a expansión de solo industrial ou fomento do emprego.
xoves, 24 mai 2018
Abel Caballero criticou este xoves que a Xunta volva desviar doentes a Santiago, desta volta para probas de medicina nuclear. Ademais do prexuízo aos usuarios, restar poboación a área sanitaria viguesa supón menor orzamento para a formación especializada dos profesionais de Vigo, denunciou o alcalde.
xoves, 24 mai 2018
A Pedaliña 2018 arrancará o sábado 26 de maio coa festa da bicicleta no Castro e seguirá o domingo 27 pola mañá cunha ruta que sairá da Porta do Sol ás 11,00 h. Un ano máis, o rexedor animou a toda a cidade a sumarse a estas actividades.
xoves, 24 mai 2018
As oficina municipal de Teis e o edificio municipal do Areal serán os lugares nos que se impartirán cursos de alfabetización dixital nos meses de xuño e xullo. O requisito é estar empadroado e a inscrición se formalizará a través do 010.
xoves, 24 mai 2018
O alcalde da cidade, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou o cartel do evento xunto con Fina Barreiro, presidenta da Asociación de Veciños, e Jesús Bouzada, director do centro cultural, encabezando ao grupo de organizadores.
xoves, 24 mai 2018
O presidente da FEMP fai unha valoración positiva da emenda presentada aos PGE 2018 acorde coa presentada pola Federación.