O alcalde invita a toda a cidade a participar esta fin de semana na Pedaliña 2018
A Pedaliña 2018 arrancará o sábado 26 de maio coa festa da bicicleta no Castro e seguirá o domingo 27 pola mañá cunha ruta que sairá da Porta do Sol ás 11,00 h. Un ano máis, o rexedor animou a toda a cidade a sumarse a estas actividades.
O alcalde de Vigo animou esta mañá a toda a cidade a participar na festa da Pedaliña que comezará o sábado no Castro, con actividades de entre las 12 e as 21,00 h. A organización, A Golpe de Pedal, contará co apoio ao programa DisCamino, representación da ONCE con varios tandem, Álvaro Pino, que estará montando nas bicis adaptadas e axudando aos participantes; animación e postos de comida. O domingo 27, a ruta popular con saída da Porta do Sol ás 11 horas.
A Golpe de Pedal e o Concello de Vigo homenaxean este ano ao Club Ciclista Bici Verde, pioneiro en Galicia e en España das bicicletas de montaña, entidade que celebrou o pasado ano o seu trixésimo aniversario. Ademais, a ONG EntreCulturas será beneficiaria dos fondos recadados, para un proxecto de apoio á educación a refuxiados sirios.
Na rolda de prensa tamén estiveron presentes José Manuel Suárez, Manuel Villaverde, e Alejandro Costa, presidente, vicepresidente e secretario respectivamente de A Golpe de Pedal; Alejandro Durán, de Cromoly; Diego Piñeiro, representante de COGAMI; Eloy Hermelo, representante da ONCE; Uxío González, presidente de Montes de Vigo e, por último, María José Prado e Noé Rodríguez, do Club Ciclista Vigués.
Descargar todas as imaxes