O alcalde eloxia a mostra Blas de Lezo y la Guerra del Asiento exposta no Tinglado do Porto
Abel Caballero resaltou hoxe a importancia da mostra Blas de Lezo y la Guerra del Asiento para coñecer unha parte transcendental da historia de España, nun momento "no que algúns tratan de reescribila". Así o dixo durante a inauguración dunha mostra que percorre as vivencias do histórico mariño vasco que salvou a Cartagena de Indias do asedio inglés en 1741.
O rexedor avanzou con determinación que non imos consentir que ninguén reescriba a "brillante" historia dun gran país que é España, que soubo converterse en nación hai 500 anos. Na inauguración de Blas de Lezo y la Guerra del Asiento, Caballero resaltou a importancia de mostras que nos lembran a historia "nun momento no que algúns tratan de reescribila", en alusión á situación política en Cataluña. Na súa intervención, agradeceu ao Comandante Naval de Vigo, Carlos Cárdenas a súa implicación na cidade ao traer a Vigo unha exposición do máximo interese, coincidindo, ademais, coa Semana das Forzas Armadas.
As paredes e salas do Tinglado do Porto de Vigo viaxan ao século XVIII con máis de cen pezas que percorren as batallas e as vivenzas do histórico mariño vasco, tenente xeral que cun irrisorio número de efectivos salvou a Cartagena de Indias do asedio inglés en 1741. A cidade é a primeira cita galega desta exposición itinerante, organizada pola Fundación Blas de Lezo, que arrancou en 2016 en Cartagena de Indias e que estará en Vigo ata o 15 de xuño. Os visitantes poderán descubrir a unha das personaxes máis inxustamente esquecidos da historia de España e un dos estrategas máis importantes da Armada Española.
A exposición está formada por 47 cadros, 5 esculturas, facsímiles do século XV ao XVIII, uniformes e bandeiras dos reximientos que participaron no asedio a Cartagena de Indias en 1741, ademais de deseños de barcos do século XVIII, a maqueta do navío Galicia, restos arqueolóxicos, armas, mapas ou planos orixinais.
No acto de inauguración, tamén estiveron presentes o presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga; o comandante naval de Vigo, Carlos Cárdenas Crespo e o vicepresidente da Fundación Blas de Lezo e comisario, Antonio Andrés.
Descargar todas as imaxes