Escoitar

O goberno local mellora viais en todas as parroquias cunha inversión superior aos 3 millóns

O alcalde deu conta esta mañá dun investimento de máis de 3 millóns de euros para asfaltados e humanizacións no rural. Tal e como detallou en rolda de prensa, haberá actuacións en todas as parroquias da cidade.

martes, 22 mai 2018
O Concello de Vigo ten programadas un "incontable" número de humanizacións es asfaltados no rural cun orzamento superior aos tres millóns de euros. Segundo detallou, haberá actuacións en todas as cidades as parroquias, comezando por Saiáns (aglomerado de Baixada á Praia e asfaltado de Camiño Pinar); Oia (asfaltados de Cesáreo Vázquez e Igrexa Roteas); Coruxo (asfaltado de Río Barxa e asfaltado e humanización de José Rivas); Comesaña (acceso á VG20 desde a Florida); Valladares (asfaltados de Pinguela, estrada Costa e Zondal e actuacións de humanización en Camiño Laranxo, Camiño Pomba e na Estrada Freixo); Zamáns (asfaltado de Estrada Vilaverde); Beade (humanizacións da Estrada da Venda, Costa da Gándara, Clara Campoamor e Camiño Brea e asfaltados de rúa Cabada, rúa Balde, Camiño Barreira e rúa Babio); Bembrive (asfaltado na rúa Segade); Cabral (humanización das rúas Becerreira, Caeiro, Figueiras e Praza da Feira e asfaltados en Figueiras, Fontaíñas de Arriba e do Camiño Chamuscada); Candeán (humanización do Camiño Laxes); Lavadores (humanización de Subride, Cantabria, Areeiro, Rosal Florido, Bagunda e Curros e asfaltados en Camiño de Pombal, rúa Santa Cristina, Camiño Sabaxáns, rúa Pardavila, Camiño Vello, rúa Portellas e rúa Naia); Sárdoma (humanización da Subida a Relfas e o asfaltado do Camiño Riobóo); Castrelos (humanización da rúa Galindra, asfaltado rúa Cruceiro e Camiño Corredoira); Matamá (humanización de Estrada Balsa e rúa Abade Juan Bastos e asfaltados de Camiño Carrazóns, Manuel Cominges, Abade Juan Bastos e rúa Parada); San Andrés de Comesaña (vaise continuar coa actuación no Camiño Rial -a primeira fase, a que une con Baiona xa está feita); Navia (ademais da actuación na Avenida de Europa, se actuará no entorno da Alameda da parte histórica de Navia, cunha beirarrúa que unirá coa zona de Molinos) e, por último, Alcabre (asfaltado de Camiño Fontes e Camiño Tourido e humanizacións do Camiño Barralleiro e Avenida Atlántida).