O xulgado rexeita unha reclamación do Concello de Redondela pola expedición da Pass Vigo
O xuiz considera que "non existen motivos fundados para dudar de que o auto estase a cumplir" e que a queixa do Concello de Redondela é "prematura".
O alcalde Abel Caballero informou este luns de que o Xulgado Contencioso-Administrativo deu a razón a Vigo e desestimou a denuncia do Concello de Redondela na que reprendía por levar con lentitude a asignación de tarxetas PassVigo para a xente de fora da cidade.
O xuiz, segundo indicou o rexedor, di que non hai motivo fundado, que entenden que o Concello está a facer os trámites para dar as tarxetas de pago aos veciños e que o está facendo na forma oportuna. "Feijóo e o PP Vigo queren que Vigo pague buses de xente de Vigo", sinalou o alcalde.