Escoitar

Caballero sinala aos clubs afeccionados e á Copa Vigo, na súa fase final, como "a expresión maís xenuína do fútbol"

A Copa Vigo de fútbol afeccionado entra na súa fase decisiva. O alcalde anunciou que este martes e mércores vanse xogar as semifinais do torneo máis antigo de Galicia (de 1933) no Federativo de Coia e a vindeira semana será a quenda do torneo feminino, que celebra a súa sexta edición.

luns, 4 xuñ 2018
1528129763IMG_8999.JPG
"É unha gran calidade de fútbol, o fútbol en estado puro, do ámbito afeccionado, non profesional, da cidade", sinalou o rexedor sobre o significado da Copa Vigo.

Caballero recoñeceu que era "unha enorme satisfacción" presentar un evento que englobado a unha vintena de equipos, dezaseis deles masculinos. "Sodes a expresión máis xenuína do fútbol", manifestou, e desexou "o mellor a todos. O importante é participar, e volo digo sentíndoo. Está moi ben gañar, pero o importante neste nivel de deporte é participar e facer esa rede que une e vertebra tanto a cidade", explicou.

Pola súa banda, o vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol, Gustavo Falque, indicou que "a cidade xa é un referente nacional non só en fútbol senón noutros moitos deportes", e avanzou que "en fútbol crecemos moitísimo nos últimos anos; o nivel de licenzas é moi grande, posiblemente a primeira cidade de Galicia", pero tamén subliñou que outra clave é que "estamos a crecer en instalacións; o alcalde apoiounos dende hai tempo cun plan de investimentos que queremos que sexa maior porque hai campos que necesitamos mellorar". E agradeceu "en nome da RFGF", o decidido apoio municipal.

Na rolda de prensa se citaron numerosos representantes dos clubs modestos de Vigo, masculinos e femininos, do estamento federativo e do arbitral, ademais do concelleiro de Deportes, Manel Fernández.

Tralas semifinais de mañá (San Esteban-Candeán) e do mércores (Racing de Castrelos-Santa Mariña), ámbalas dúas ás 21:00 horas, a final xogarase este sábado día 9.

O cadro feminino disputarase a semana seguinte, tamén no federativo de Coia. O mércores 6, Balaídos-Sárdoma (21:00) e o xoves 7, o Valladares-Matamá (21:00). A final, o sábado 16.
Descargar todas as imaxes