luns, 22 mar 2010
O Pleno da Corporación de Vigo aprobou por unanimidade unha moción na que os tres grupos políticos apoian o Campus do Mar -o proxecto de excelencia impulsado pola Universidade de Vigo- e instan á Xunta de Galicia a que ceda os terreos necesarios da ETEA para tal fin. O Partido Popular enmedou unha moción proposta polo PSOE ao efecto, que recabou o visto bo dos tres grupos.
luns, 22 feb 2010
O pleno de corporación municipal aprobou hoxe en sesión extraordinaria unha moción na que manifesta o rexeitamento ao peche do Hospital da Cruz Vermella de Vigo e reclama a Xunta de Galicia que realice as xestións precisas para que o centro siga prestando os seus servizos na rede sanitaria pública. O pleno tamén validou inicialmente a modificación da ordenanza reguladora da Inspección Técnica de Edificios (ITE) pola que posibilitará o endurecemento da normativa nos casos de revisións dos edificios da cidade.
xoves, 11 feb 2010
O pleno extraordinario da corporación municipal aprobou hoxe inicialmente os orzamentos do Concello de Vigo e os seus organismos autónomos para o presente ano, que se cifran en 246,6 millóns de euros e que inclúe 32 millóns de euros para investimentos reais, case un 50% máis en relación coas mesmas partidas inversoras do anterior exercicio. A sesión extraordinaria tamén deu conta da elaboración dun plan económico financiero para o Concello.
luns, 25 xan 2010
O pleno da corporación municipal aprobou este luns a moción contra o decreto do galego no ensino que insta a Xunta de Galicia a retirar o borrador do novo decreto sobre o uso das linguas vehiculares presentado o 30 de decembro de 2009 diante da opinión pública. A sesión ordinaria validou tamén a aprobación definitiva do Regulamento do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) e a contratación de servizos de revisión do inventariado municipal.
luns, 28 dec 2009
O Concello de Vigo integrase na Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) , denominada Axencia Eurorexional de Desenvolvemento do Eixo Atlántico, según acordou hoxe por unanimade a corporación municipal no transcurso do derradeiro pleno do ano 2009, de carácter ordinario e presidido polo alcalde, Abel Caballero. <br />