luns, 30 mar 2009
Cos votos a favor do goberno local e a oposición do grupo municipal Popular, a Corporación aprobou hoxe luns o texto modificado segundo a orde da Xunta de Galicia que valida o 1% do PXOM que resta por aprobar pola Consellería de Política Territorial.
luns, 23 feb 2009
A moción, presentada polo grupo municipal do PP, contou co respaldo do goberno local. Ademáis, o Pleno da Corporación aprobou por unanimidade a definición da situación urbanística da parcela na que opera a empresa Alfageme, así como incrementar as dotacións orzamentarias para o mantemento das instalacións dos centros educativos.
luns, 23 feb 2009
Co gallo do próximo 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Pleno da Corporación Municipal, a iniciativa de sendas mocións presentadas polo PsdeG e o BNG, aprobou este luns por unanimidade a adopción de acordos en materia de conquerir a igualdade real e efectiva entre os homes e as mulleres.
luns, 2 feb 2009
A Corporación Municipal celebrou hoxe un pleno no que se sortearon as 373 mesas electorais que se habilitarán en Vigo para as eleccións ao Parlamento de Galicia, que terán lugar o próximo 1 de marzo.
luns, 2 feb 2009
La Corporación Municipal celebró hoy un pleno en el que se sortearon las 373 mesas electorales que se habilitarán en Vigo para las elecciones al Parlamento de Galicia, que tendrán lugar el próximo 1 de marzo.
luns, 26 xan 2009
O pleno da Corporación Municipal aprobou por unanimidade, na sesión celebrada hoxe, unha moción pola que se rexeita os bombardeos e invasión levados a cabo polo exército de Israel contra o pobo de Gaza, en Palestina, constituíndo un crime de guerra.