Mocións ao pleno

O Pleno autoriza a ampliación do parque en Ernesto Lecuona e a construcción dun novo parque infantil

luns, 28 set 2009

A Corporación Municipal validou este luns por unanimidade o cambio de uso da parcela na rúa Ramón Nieto, que pasa de educativa a zona verde que o goberno local destinará á ampliación do devandito parque. Segundo explicou o concelleiro de Urbanismo, José Mariño, gáñanse novos espazos verdes para a cidadanía nunha parcela non necesaria actualmente para usos educacionais, segundo indican os informes técnicos. <br /> <br />

O pleno aproba o regulamento do Servizo de Axuda no Fogar, que realiza xa máis de 82.000 horas de atención

luns, 28 set 2009

O pleno do Concello de Vigo aprobou hoxe por unanimidade o regulamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), modificación precisa para adaptar este servizo ás esixencias da nova Lei de Dependencia. A concelleira de Benestar Social, María Méndez, explicou na súa intervención a aposta que desde o Goberno municipal se está a realizar por este servizo, xa que é unha peza fundamental para mellorar a calidade de vida das persoas que teñen déficit de autonomía persoal ou algún tipo de discapacidade.<br />

O Goberno Local aproba as ordenanzas fiscais de 2010, que reducen nun 0,2% catorce impostos municipais

luns, 28 set 2009

A Concellería de Economía e Facenda que dirixe Raquel Díaz baixará un 0,2% no 2010 as catorce taxas municipais "que máis utilizan os cidadáns de Vigo", é dicir, o lixo, o auga, a circulación ou as garderías, entre outras. Ademáis o goberno local incrementará nun 2,1% os mínimos para as exencións fiscais, no que supón "un paso máis na defensa da política social" na cidade, concluíu a edil. <br />

Vigo adhirese á celebración do "Día do Cooperante"

luns, 7 set 2009

O pleno da Corporación,celebrado hoxe luns, aprobou unha declaración institucional relativa á celebración do "Día do Cooperante" declarado no ano 2000 polo Consello de Ministros o día 8 de setembro. No acordo o Pleno asume o que significa a cooperación internacional e a loita contra a pobreza e desigualdade no mundo.

A xunta de voceiros acorda levar ao vindeiro pleno unha declaración institucional a prol da cooperación internacional

xoves, 3 set 2009

A xunta de voceiros do Concello de Vigo acordou hoxe levar ao pleno do vindeiro luns unha declaración institucional a prol da cooperación internacional para a súa aprobación. Con motivo do Día Internacional do Cooperante, que se celebrará o martes 8 de setembro, o documento asinado polos portavoces dos tres grupos políticos con representación municipal recoñecen que a loita contra a pobreza e a desigualdade é un dos retos da nosa sociedade e convidan á cidadanía a participar nos actos que terán lugar na cidade.

O goberno local amplía en 20 millóns o orzamento para facer fronte á crise económica e crear emprego

luns, 27 xul 2009

O Pleno da Corporación aprobou, coa oposición do PP, unha modificación orzamentaria de 20 millóns de euros para "implementar políticas activas que palien a crise e para xerar fórmulas con efectos positivos no emprego". As actuacións proxectadas abranguen todas as parroquias de Vigo, todas as áreas de goberno, e cumpren coa legalidade e a estabilidade orzamentaria da Concello, segundo afirmou o goberno local.

O Pleno da Corporación acorda instar á Xunta de Galicia a garantir a gratuidade dos libros de texto

luns, 27 xul 2009

O grupo municipal do BNG presentou na sesión plenaria deste luns unha moción instando á Xunta a garantir a gratuidade dos libros de texto no vindeiro curso académico, acordo adoptado co apoio do grupo socialista e a oposición do Partido Popular. A concelleira de Benestar, María Méndez, asegurou que 20.000 escolares vigueses deixarán de recibir as axudas.