Pleno da Corporación
Pleno do Concello de Vigo
venres, 18 mar 2011ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 21 de MARZO de 2011, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello
O goberno local deixa sen efecto o Plan Económico Financeiro 2010-2011 ao estar cumpridos os obxectivos de estabilidade
xoves, 17 mar 2011O Pleno da Corporación aprobou hoxe xoves esta medida ao tempo que tomou coñecemento da liquidación orzamentaria de 2010, cumprindo cos obxectivos de investir 100 millóns de euros, baixar a presión fiscal e consolidar unhas contas saneadas mediante unha "xestión austera e eficaz", explicou a concelleira de Facenda, Raquel Díaz. A oposición, que se abstivo na votación, pediu que os 11 millóns de euros do préstamo deste ano se dediquen a pagar sentencias xudiciais pendentes.
O pleno celebra o Día Internacional da Muller e insta a seguir loitando pola igualdade e o mantemento dos dereitos acadados
martes, 8 mar 2011A concelleira de Igualdade e presidenta do Consello Municipal da Muller, Iolanda Veloso, presidíu este martes o pleno conmemorativo do Día Internacional da Muller, que contou coa participación de representantes dos diferentes colectivos que o integran. Iolanda Veloso asegurou que é preciso "seguir reivindicando moitas melloras para acadar a igualdade real entre homes e mulleres" e fixo un chamamento a participar nas actividades propostas ao longo do mes.
O pleno respalda a demanda nacionalista para reclamar a Fomento que declare vía urbana a AP-9 de Rande a Vigo
luns, 28 feb 2011O Pleno da Corporación Municipal aprobou este luns a proposta do BNG, cos votos de nacionalistas e populares e a abstención do PSOE, que insta ao Ministerio de Fomento a reconsiderar a súa negativa sobre a declaración como vía urbana do tramo da AP-9 de Rande a Vigo. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou que é dunha "demanda histórica" que melloraría a vertebración do barrio de Teis, polo que asegurou que o BNG non entende a negativa de Fomento dada a deputada Olaia Fernández Davila para acometer esta transformación.
O goberno local ratifica iniciar trámites para adaptar o PXOM ás novas entradas viarias e ferroviarias da cidade
luns, 28 feb 2011Socialistas e nacionalistas aprobaron no Pleno deste luns -coa absteción do PP- iniciar os estudos sobre a modificación do Plan Xeral para adaptalo aos novos trazados viarios e ferroviarios de entrada a Vigo. A chegada do AVE en túnel ata Urzáiz implicará a construción dunha senda verde de tres quilómetros polo actual percorrido das vías en superficie, e Urbanismo redactará outro deseño de estrada para acceder ao centro desde o Seminario da Avenida de Madrid.
O Concello reclama 100 millóns á Deputación "pola falta de investimento" en Vigo desde 2008
luns, 28 feb 2011O goberno local deu luz verde na sesión plenaria deste luns -coa oposión do PP- á moción presentada polos socialistas reclamando ao ente provincial a recoñecer a súa "débeda" con Vigo pola "falta de investimento" na urbe nos catro últimos exercizos. Ademais, pide da Deputación que inicie os traballos de construción do chamado Colexio Alemán e que convoque o Comité Técnico constituído en novembro pasado sobre o aeroporto de Vigo.
O Pleno manifesta unánime o seu compromiso de manter o modelo de caixas de aforro "con vocación social e vinculación territorial"
luns, 28 feb 2011Os tres partidos respaldaron hoxe luns "expresar o compromiso inequívoco en manter o modelo de caixas de aforros con vocación social e vinculación territorial, e a defensa das competencias estatutarias de Galicia". A moción, iniciativa do PP, aprobou tamén outros dous puntos coa abstención socialista, instando ao Goberno de España a reconsiderar o decreto de reforzamento do sistema financeiro e a retirar as "esixencias de capital e reservas adicionais aprobadas polo FROB e o Banco de España no proceso de fusión das caixas de aforro galegas".
A Corporación insta ao Concello a expropiar os terreos da Cidade da Xustiza e a convocar a Comisión xudicial
luns, 28 feb 2011A moción presentada polo PP foi respaldada polo goberno local -PSOE e BNG- no Pleno da Corporación deste luns, que solicita a posta en marcha da comisión xudicial antes de finalizar o presente mes e se proceda a expropiar os terreos para a coñecida como Cidade da Xustiza, para poñelos a disposición da Xunta de Galicia cara a edificación das futuras sedes da administración xudicial.