Pleno da Corporación
O Pleno insta á contratación do "fundamental" proxecto de execución do túnel de Julián Estévez
luns, 6 set 2010A moción, presentada polo PP, foi respaldada polo goberno local polo "fundamental" da infraestrutura para a ETEA, Teis e toda a cidade de Vigo e porque a Xerencia de Urbanismo desta semana dará luz verde á adxudicación da redacción deste proxecto, estimada en 10 meses. A Xunta de Galicia asumirá o custo do mesmo, por valor de 1,1 millóns de euros.
A Corporación acorda non incluir nos orzamentos municipais de 2011 partidas para o "plan Moneo" da Praza do Rei
luns, 6 set 2010Socialistas, nacionalistas e populares votaron conxuntamente para que os orzamentos municipais do vindeiro ano non inclúan partida económica alguna destinada ao "plan Moneo", o proxecto do prestixioso arquitecto para a reordenación do entorno da Praza do Rei, que inclúe o derrubo da casa consistorial. O edil de Patrimonio e Xestión Municipal, Carlos Font, reiterou que "o proxecto Moneo non vaille custar un euro aos vigueses".
O pleno aproba a ordenanza que regula as axudas á rehabilitación de vivendas do Casco Vello e Bouzas
luns, 6 set 2010O pleno da corporación municipal aprobou hoxe por unanimidade a ordenanza reguladora das axudas á rehabilitación de vivendas defendida polo concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez. O edil nacionalista destacou na súa intervención a importancia que teñen os plans de rehabilitación de vivendas e a instalación de novos servizos para frear o despoboamento do Casco Vello e do barrio histórico de Bouzas.
O pleno aproba dúas declaracións institucionais con motivo da celebración do Día do Cooperante e a Declaración do Milenio
luns, 6 set 2010O pleno da corporación municipal aprobou por asentimento dúas declaracións institucionais con motivo da conmemoración o 8 de setembro do Día do Cooperante e a adopción da Declaración do Milenio de Nacións Unidas.
O Pleno insta á Xunta de Galicia a mellorar o sistema galego público de servizos sociais
luns, 26 xul 2010A proposta do BNG, o goberno municipal aprobou coa oposición do PP unha moción para pedir ao executivo autonómico melloras como a implantación da Tarxeta Social Galega, a elaboración dunha lei galega de inclusión social ou a revisión urxente da regulación da renda de integración social, entre outras. O Pleno tamén aprobou solicitar da Xunta o mantemento da educación permanente de adultos.
A Corporación modifica o Plan Especial de San Roque e debate sobre a ubicación do albergue
luns, 26 xul 2010A modificación do PERI da San Roque, que afeta á parcela municipal proposta para a edificación dun albergue en Ribadavia, xerou un debate plenario entre os tres grupos políticos sobre a ubicación definitiva do centro de inclusión social que prevé construir o Concello. Por outra banda, o Pleno validou unha modificación de crédito para que Educación invista 244.000 euros máis en melloras en dez centros educativos de Vigo.
O Concello estudará mellorar a axilidade da Central de Comunicacións da Policía Local
luns, 26 xul 2010O Pleno da Corporación Municipal celebrado este luns aprobou por unanimidade que o goberno municipal estude as posibilidade de mellora da centralita da Policía Local, para asegurar a maior axilidade na prestación de servizos e singularmente na atención das emerxencias. O Pleno tamén acordou, a instancias do PP, a constitución da Comisión de Xustiza e a realización de melloras nos parques de A Guía e A Riouxa.
O Pleno acorda demandar á Xunta e ao Estado gravar máis aos que superen os 80.000 euros de ingresos
luns, 28 xuñ 2010Os votos favorables do PSOE e BNG, coa oposición do PP, respaldaron a enmenda presentada conxuntamente no Pleno da Corporación celebrado este luns, acordo que solicita refornas no IRPF estatal e autonómico, unha taxa para as grandes fortunas e sobre o patrimonio e unha novo sistema de financiamento local.
A Corporación pide un reparto equilibrado dos fondos para cooperación da Xunta de Galicia
luns, 28 xuñ 2010O Pleno da Corporación Municipal celebrado este luns acordou, a iniciativa do grupo socialista, instar á Xunta de Galicia a ter en conta o número de persoas desempregadas rexistradas en cada concello -cunha valoración mínima do 90%- para o reparto dos fondos para programas de cooperación.