O pleno aproba a ordenanza que regula as axudas á rehabilitación de vivendas do Casco Vello e Bouzas
O pleno da corporación municipal aprobou hoxe por unanimidade a ordenanza reguladora das axudas á rehabilitación de vivendas defendida polo concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez. O edil nacionalista destacou na súa intervención a importancia que teñen os plans de rehabilitación de vivendas e a instalación de novos servizos para frear o despoboamento do Casco Vello e do barrio histórico de Bouzas.
"Trátase dun dos programas máis exitosos", asegurou o concelleiro de Patrimonio Histórico, en tanto que ao seu xuízo está a "configurar un novo panorama no Casco Vello e na zona histórica de Bouzas". Fixo especial mención do "carácter social" desta normativa, xa que permite conceder as axudas a persoas cuns ingresos "de nivel medio e baixo".
Á hora de xestionar as axudas Eudosio Álvarez destacou o "papel fundamental" da Oficina de Rehabilitación do Concello de Vigo e da Xerencia de Urbanismo, nomeadamente respecto ao traballo de asesoramento que desenvolven. Neste sentido indicou que 1.500 titulares de vivendas, en representación de 5.000 persoas foron atendias "e que ata este momento non atopaban resposta ás súas necesidades", que en ocasións referíanse á falta dos servizos máis elementais.
O edil do BNG subliñou a aposta do Concello de Vigo por seguir mantendo este programa, como o pon de manifesto o incremento das axudas para a recuperación da Ribeira do Berbés, pese ao "momento crítico actual debido á situación de crise", que provoca diminución dos ingresos familiares e aumento do paro.