O pleno aproba dúas declaracións institucionais con motivo da celebración do Día do Cooperante e a Declaración do Milenio
O pleno da corporación municipal aprobou por asentimento dúas declaracións institucionais con motivo da conmemoración o 8 de setembro do Día do Cooperante e a adopción da Declaración do Milenio de Nacións Unidas.
Estes documentos expresan o compromiso do Concello de Vigo coa posta en valor do traballo que desenvolven os e as cooperantes e por outra banda solicitan ao Goberno Central que adopte unha posición firme ante o Cumio das Nacións Unidas en Nova York que terá lugar do 20 ao 22 de setembro de 2010 para acelerar o cumprimento dos Obxectivos do Milenio no período 2010-2015. A concelleira de Benestar Social, María Méndez, adiantou que se programarán diversas actividades e animó a participar á cidadanía.
Na declaración institucional asinada polos voceiros dos tres grupos municipais que conmemora o Día do Cooperante, recoñécese que a crise económica dos últimos catro anos "ten o seu maior impacto nas persoas máis desfavorecidas", polo que defende que a loita contra a pobreza e a desigualdade no mundo "segue a ser un dos retos aos que se enfronta a nosa sociedade".
O documento salienta que acabar coa pobreza "non só é un compromiso ético, senón unha das condicións básicas que se teñen que dar para acadar un mundo máis xusto e en paz" no que o compromiso de milleiros de persoas coa cooperación e o desenvolvemento e a loita contra a pobreza constitúe "un exemplo para toda a sociedade e para as institucións".
Neste sentido, o Concello de Vigo expresa o seu compromiso a apoiar a labor dos cooperantes, "entre os que se atopan centos de galegos e galegas", mediante a difusión do seu traballo "como unha tarefa exemplar que leva a solidariedade de cidades, como a de Vigo, a todos os lugares do mundo".
A declaración do Concello de Vigo polos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio asegura que o 2010 é "unha data clave" para a loita contra a pobreza e a consecución destes obxectivos, xa que os días 20, 21 e 22 de setembro se celebrará un Cumio de xefes de Estado e de Goberno no marco da Asemblea Xeral das Nacións Unidas en Nova York para avaliar os éxitos, fracasos e retos pendentes na loita contra a pobreza extrema no mundo, así como acordar plans de rescate para acelerar o progreso no seu cumprimento.
Para o Concello de Vigo resulta prioritario erradicar a pobreza e a fame, lograr a educación primaria universal, promover a igualdade de xénero, reducir a mortalidade infantil, mellorar a saúde materna, combater o HIV/SIDA, garantir un medioambente sostible e crear unha alianza mundial para o desenvolvemento, polo que reclama ao Goberno central que estableza un calendario con "prazos vinculantes" para aumentar a axuda ao desenvolvemento e mellorar a súa eficacia.