O goberno local aproba definitivamente a regulación dos descansos dos taxistas de Vigo
Á proposta da Concellería de Mobilidade e co visto bo do PSdeG e do BNG, o Pleno da Corporación aprobou unha disposición complementaria para a regulación de turnos de descanso para os taxistas, que terán unha xornada de descanso para "mellorar a calidade de vida" destes e racionalizar o servizo acorde á demanda, indicou Calviño. O regulamento entrará en vigor en probas durante tres meses.
O Pleno da Corporación municipal validou definitivamente este luns unha nova regulación dos descansos dos profesionais do taxi, que pasarán a ter unha xornada libre cada semana para "mellorar a calidade de vida" destes e racionalizar ao tempo o servizo.
O edil de Mobilidade, Xulio Calviño, recordou indicou que mantivo varias reunións co sector e finalmente o 90% dos participantes na consulta aos taxistas amosáronse partidarios desta nova disposición, que entrará en periodo de probas durante tres meses.
Segundo resaltou o socialista, esta propista mellorará o servizo de taxis en Vigo, pois adecuará a demanda actual do servizo á oferta de vehículos existente. A Xunta de Goberno Local, para casos excepcionais, poderá acordar a suspensión temporal desta medida.
O PP manifestou que ten "moitas dúbidas" sobre se esta será ou non "a mellor solución" para adecuar o descanso dos profesionais e a demanda do servizo e púxose a disposición do goberno e do sector para traballar conxuntamente, pese ao cal votou en contra desta medida.
Os votos favorables de PSdeG e BNG aprobaron definitivamente esta disposición, despois de rexeitar e alegación presentada por unha asociación profesional minortaria e ser aprobada inicialmente no pasado Pleno da Corporación do 31 de maio. O visto bo definitivo conlevou os aplausos dunha veintena de profesionais que déronse cita este luns no salón plenario.