Escoitar

O Concello estudará mellorar a axilidade da Central de Comunicacións da Policía Local

O Pleno da Corporación Municipal celebrado este luns aprobou por unanimidade que o goberno municipal estude as posibilidade de mellora da centralita da Policía Local, para asegurar a maior axilidade na prestación de servizos e singularmente na atención das emerxencias. O Pleno tamén acordou, a instancias do PP, a constitución da Comisión de Xustiza e a realización de melloras nos parques de A Guía e A Riouxa.

luns, 26 xul 2010
1280151193pp.jpg
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo celebrado este luns aprobou coa unanimidade dos tres grupos políticos con representación que o goberno local estude mellorar a Central de Comunicacións da Policía e dotala así de maior axilidade.

Este acordo foi adoptado tras a presentación dunha moción do PP para que o teléfono da mesma fora atendido por axentes e non pola centralita. O concelleiro de Seguridade, o socialista Xulio Calviño, presentou o texto finalmente respaldado polos tres partidos políticos.

Outros acordos
A instancias do grupo municipal do PP, o Pleno da Corporación adoptou por unanimidade outros dous acordos este luns, por unha banda a constitución e posta en funcionamento da Comisión de Xustiza antes da finalización do mes de setembro e, por outra banda, a realización de actuacións de mellora e mantemento nos parques de A Guía e A Riouxa, no barrio de Teis.
Descargar todas as imaxes