venres, 30 xullo 2010

O Concello recomenda evitar a autoestrada á altura de Teis e reforzará a presencia policial na Avenida de Madrid

A reforma na ponte que sobrepasa a AP-9 en Teis -que causou onte xoves retencións de tráfico- alongarase ata o luns, polo que o alcalde, Abel Caballero, recomendou evitar ese tramo do vial e empregar outros accesos á cidade, como a Avenida de Madrid ou o segundo cinto a Navia. A autopista ten actualmente dous carrís de saída e un lento de entrada. Dependendo das retencións, os vehículos serán desviados por Rande-Puxeiros, apuntou Caballero.

O alcalde afirma que a regularización do edificio de Jacinto Benavente remata co "pesadelo" de 180 familias

venres, 30 xul 2010

Abel Caballero reuniuse hoxe venres cunha representación veciñal da propiedade, tras a sentencia xudicial que invalida a orde de derrubo do edificio. O alcalde reiterou que a subsanada ilegalidade da edificación debeuse a un erro administrativo municipal e non a un "pelotazo urbanístico", e adiantou que esta legalización non significa que o resto de propiedades amenazadas corran a mesma sorte nos tribunais.

Santi Domínguez anuncia que Luis Tosar e Luis Zahera abrirán a Semana Grande das Festas de Verán

venres, 30 xul 2010

O tenente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, presentaron hoxe a Semana Grande das Festas de Vigo, que comezará o luns día 2 de agosto coa lectura do pregón por parte do actor galego Luis Zahera (21:30 horas) e a actuación da compañía Xarxa Teatre (22:00 horas). O nacionalista explicou que neste acto tamén estará presente o acto Luis Tosar, que recibirá ese mesmo día pola mañá o título de embaixador honorífico do Casco Vello de Vigo.

O Goberno Local aprobou o convenio da nova Depuradora, que será asinado o vindeiro luns

venres, 30 xul 2010

A Xunta de Goberno Local celebrada este venres deu luz verde ao convenio da nova depuradora de Vigo, un texto que será rubricado o luns por parte do alcalde, a ministra de Medioambiente e a Consellería de Medioambiente. Abel Caballero cualificou a aprobación de "magnífica nova" e concluíu que, despois de largas negociacións, "as cousas remataron ben para esta cidade".

Landriña conta coa colaboración de Kiki e Bubba nunha xornada adicada a abstracción nos "Domingos de Museo"

venres, 30 xul 2010

O Museo da Cidade Quiñones de León continúa cos seus "Domingos de Museo" , onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos/as e familias e das visitas guiadas para público en xeral. Este domingo Landriña, a mascota do museo, propón aos participantes descubrir a abstracción a partir de dúas simpáticas amigas chamadas Kiki e Bubba

Campaña de concienciación social 2010 Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, Voluntariado do Concello e a ONG Solidarios Anónimos

venres, 30 xul 2010

Dado o éxito das pasadas convocatorias, o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, en colaboración coa ONG Solidarios Anónimos, continua a 3º Edición da Campaña de Concienciación Social o vindeiro luns 2 de Agosto ás 10:30 horas, contando coa participación activa do Colectivo de Voluntariado do Concello de Vigo.