O alcalde afirma que a regularización do edificio de Jacinto Benavente remata co "pesadelo" de 180 familias
Abel Caballero reuniuse hoxe venres cunha representación veciñal da propiedade, tras a sentencia xudicial que invalida a orde de derrubo do edificio. O alcalde reiterou que a subsanada ilegalidade da edificación debeuse a un erro administrativo municipal e non a un "pelotazo urbanístico", e adiantou que esta legalización non significa que o resto de propiedades amenazadas corran a mesma sorte nos tribunais.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este venres que a sentencia xudicial que invalida a orde de demolición do edificio de Jacinto Benavente remata co "pesadelo de 10 anos" das 180 familias que alí habitan.
Así o indicou o rexedor tras reunirse cunha representación veciñal e co abogado dos propietarios, e recalcou que esta construcción presentaba errores administrativos municipais que poideron ser subsanados, "non se trataba dun pelotazo urbanístico", apuntou.
Abel Caballero explicou que esta sentencia do TSXG non abre a porta á legalización das edificacións con orde xudicial de derrubo, xa que cada caso é diferente e desta volta houbo "boa fe" por parte da propiedade que pagaron e unha mala actuación da administración local.
Proxecto Moneo
O alcalde, ante os problemas eléctricos da casa consistorial que se prolongan xa dúas xornadas, aseverou que a tramitación do proxecto do arquitecto Rafael Moneo para o Concello e o entorno da Praza do Rei vai a "velocidade de cruceiro".
Caballero asegurou que "acertamos" ao plantear esta reordenación urbanística e arquitectónica que proxecta o derrubo do actual edificio municipal e a rexeración do entorno do Castelo de San Sebastián e a ladeira de O Castro.
O acontecido no edificio municipal estes días ratifica a "vontade" municipal de levar adiante o proxecto do prestixioso arquitecto español, que remataría co "estado calamitoso" da torre que fai que "non se poida traballar en condicións".
Descargar todas as imaxes